Memoria para Xoana
Memoria para Xoana

Memoria para Xoana

Campo, Marica
978-84-9995-444-8
12,00 €
IVA incluido

Xoana, a que está por vir, a desexada, resultado dun acto libre de compromisos, recibe de súa nai o legado da memoria persoal e colectiva, legado que a sitúa na realidade das mulleres  da  familia e que lle entrega a modo de advertencia e prevención, mais tamén como impulso para buscar a propia felicidade e lugar no mundo.

Non exenta de crítica social, esta historia, encadeada sobre a maternidade ao longo de distintas xeracións dunha familia, é tamén unha historia colectiva, e como tal relativiza as “verdades absolutas” dunha época, e anima a loitar pola propia felicidade e transformar a sociedade máis aló de convencionalismos.

Ano: 2024
Nº de páxinas: 64
ISBN: 9788499954448
Ilustración da cuberta: Laura Romero

***

Premio Concello de Vilalba de Narrativa (2001) - Premio AELG ao mellor libro publicado (2003) - Editado por Espiral Maior (2002)

 

Tamén che podería gustar

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.