Presentación na Coruña de ‘O Pazo Máxico’
Baía Edicións presentou na Coruña O Pazo Máxico. A túa primeira Escola de Maxia. Para promocionalo o autor e ilusionista Pedro Volta realizou un espectáculo de escapismo, en homenaxe a Harry Houdini, no que se liberou dunha camisa de forza colgado a 30 m de altura. Tivo lugar o mércores día 5 de agosto de 2009, ás 18:15 horas, no Obelisco. A continuación se realizou o acto de presentación do libro na Feira do Libro da Coruña (Xardíns de Méndez Núñez) ás 19:00 horas.