Libro que, de forma amena e rigorosa, introduce ás nenas e nenos no coñecemento do mundo dos insectos, propoñendo, ao tempo, diversas actividades prácticas.
Ano: 2007
Nº de páxinas: 50
ISBN: 978-84-96526-73-0
Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros.
Fotografías asombrosas, ampliadas para ofrecerte intrigantes detalles, xunto cun texto claro que che explica os feitos de moitos temas básicos. Os divertidos proxectos bríndante a oportunidade de aprender tanto na casa como fóra.
Deixa que Insectos te leve a un mundo de descubrimentos!
* Observa como se converte en bolboreta unha eiruga.
* Descobre que escaravellos utilizan armas químicas.
* Aprende como ve unha mosca.
* Descobre que os insectos poden ser os nosos amigos ou inimigos.