Creación Literaria As cartas do desarraigo 978-84-9995-419-6 16,00 € Finalista do IV Premio Vilar Ponte 2022 (Concello de Viveiro) Fabio volve á vila natal despois de 50 anos, de onde seu pai o sacara, abandonando a súa nai. Coa axuda dunha amiga da infancia vai percorrendo —ao longo de 10 capítulos como 10 escenas ou flashes só interrompidos polas valoracións do narrador— esa vila de emigrantes e navegantes unidos á... Engadir á cesta
Creación Literaria A mona de Schrödinger 978-84-9995-415-8 14,35 € Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle toque acomodarse nun pelello humano, posibilidade que, tendo presente que ambas as especies comparten preto do 99 % dos xenes, coida que non debe estar de todo mal. Mais axiña comprenderá o seu monumental erro de cálculo. Con este punto de partida,... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Pola noite 978-84-9995-399-1 16,90 € Aínda que xa caeu a noite, non todo o mundo dorme na fraga. Os raposos cazan, as ras croan a todo meter, as formigas seguen co trasfego do día. As curuxas observan todas as actividades dende as alturas. Anímate a pasear de noite pola fraga e a escoitar os grilos co seu cri-cri-cri, os reiseñores a chiar e os lobos a ouvear. Coa mesma, descubrirás como se... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil No bosque 978-84-9995-390-8 19,10 € No bosque viven unha morea de animais. Algúns vense a pleno día, outros só os podes observar en raras ocasións, son difíciles de ver pero podes escoitar as súas voces se premes os botóns máxicos deste libro. Aproveita e aprende, porque o bosque nunca dorme! Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Na granxa 978-84-9995-391-5 19,10 € Que ocorre na granxa despois de que o canto do galo esperta os animais? Ben, pois que as vacas brúan, as ovellas bean, as galiñas cacarexan, os porcos roñas... na granxa sempre hai tarefas que facer! Descúbreas neste libro e preme os botóns para escoitar as voces dos animais. Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O marabilloso mundo das profesións 978-84-9995-402-8 22,05 € Algunha vez tentaches contar cantas profesións hai? Imposible, verdade? Que haxa tantas é algo fantástico porque permite que cadaquén atope o traballo que máis lle preste. Tanto se che gustan os ordenadores, a danza, a música, a historia, as matemáticas, o transporte, o espazo ou as profundidades do océano, de maior eses afeccións poden levarte a... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Donas de nós 978-84-9995-406-6 9,65 € Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022 A Morgana desta obra, implacable co patriarcado, asume como misión propia que as mulleres sexan donas de si. Co mago Merlín como aliado, axudará a Mendiña, unha moza fermosísima, libre e apaixonada, que vive recitando os seus poemas polo Camiño a Compostela, ata que un día, por... Engadir á cesta
Creación Literaria Unha presa de terra 978-84-9995-389-2 18,55 € Un cadáver no ascensor. Unha veciñanza na que as aparencias poden enganar. Unha detective, Ana Candeán, forzada a colaborar no caso por compromiso. Unha baiuca de Compostela, o Artefacto Burbur, presidida por unha invocación en vegliota, lingua que xa ninguén fala. No centro da novela o Conto da muller brava, que volve á memoria de Ana Candeán unha e... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O segredo de Caaveiro 978-84-9995-387-8 18,55 € Que segredo gardan as fragas do Eume? Que aconteceu alí hai douscentos anos? Paloma, Paula e mais o seu curmán, Alex, van pasar as vacacións xunto da súa amiga Uxía, filla dun mariñeiro da aldea de aresá de Redes (A Coruña). Teñen pensado facer excursións e ir á praia, mais o verán será moi distinto a como os catro imaxinaran. A familia de Uxía fai... Engadir á cesta
Ensaio A voz das últimas cigarreiras coruñesas. Lembranzas dun tempo ido 978-84-9995-388-5 31,80 € Darlles voz ás cigarreiras. Iso mesmo debeu pensar Emilia Pardo Bazán. Darlles voz directa, non falar sobre elas ou por elas, senón que sexan elas as que falen por si mesmas. Nesta ocasión non puidemos ir á Fábrica de Tabacos —agora convertida en Audiencia Provincial— pero buscamos lugar no que encontrarnos para falar con elas. Así, ao longo de horas de... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Tres en raia 978-84-9995-385-4 16,70 € Tres en raia é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpetuar no futuro. É o relato dun tempo feliz en Ourense, de aprendizaxe á vida, de lecturas en común que permanecen no seu recordo e que co tempo se relacionan cos seus particulares devires existenciais. Tamén un relato dunha evolución vital na que a... Engadir á cesta
Ensaio Mercedes Tella Comas (1868-1934). Mestra e directora da Escola Normal de Mestras da Coruña 978-84-9995-386-1 21,00 € Mercedes Tella foi un referente destacado na vida da cidade durante o primeiro terzo do século XX e co seu traballo e actividade deu o mellor exemplo da reivindicación do papel que a muller debía ter na sociedade. Podería ter un posto merecido na historia da Coruña con so realizar o traballo docente e de Dirección da Escola Normal durante máis de 20... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Desmontando o corpo, construíndo a ciencia 978-84-9995-368-7 16,55 € Este libro que tes nas mans fará que, capa a capa, descubras como funciona o teu corpo. Guiarante as xemelgas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras doutoras que estudaron na Universidade de Santiago sen ocultar que eran mulleres. Estas contribuíron a debuxar o mapa do noso corpo. Atréveste a seguir os seus pasos? Ano: 2021 Nº de páxinas: 48... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A pita xefa 978-84-9995-381-6 15,40 € Gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021) Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro! Ano: 2021 Nº de páxinas: 30 ISBN: 9788499953816 Ilustración: Seoane, Marina Engadir á cesta
Texto A historia da arte a través das súas obras 978-84-9995-361-8 31,00 € O comentario dunha obra de arte require dunha técnica específica que se aprende coa práctica. Non abonda con expoñermos ordenadamente os coñecementos teóricos nin con identificar a imaxe comentada. Hai que confirmar e argumentar as razóns que explican a identificación, por medio da análise das formas. Este análise desvela o estilo da obra, que á súa vez... Engadir á cesta
Creación Literaria Paleta planeta 978-84-9995-380-9 18,25 € Microhistorias nas que desaparecen os límites físicos da realidade: en cada unha destas composicións oníricas crean pequenos mundos autónomos capaces de reunir elementos tanxibles e intanxibles nun mesmo lenzo, mentres reflicten o seu amor á natureza, o pacifismo, o interese por outras culturas ou a súa paixón pola vida. Paleta Planeta traballa o gusto... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Madeira e metal 978-84-9995-365-6 14,35 € Aixa, unha nena de aldea, habilidosa e festeira, ten que marchar coa súa familia á cidade. A morriña, a lembranza permanente da aldea e a vida que nela se gozaba fan que busque a alegría a través da música. A partir de madeira e metal recupera os sons da terra, do ar e do lar que perdera ao chegar á cidade. Un conto que nos achega ao sentimento tan noso e... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Ana e a lúa lueira 978-84-9995-366-3 14,35 € Na beira do mar. No canto da Praia. Nunha casiña branca. Unha nena vivía. A nena tiña medo. Porque un ogro. Comela quería. Mais… A nena tiña una amiga. Que no alto vivía. Era a lúa lueira. Que de nai ela facía. Porque a nena mariñeira. A pobre, nai ela non tiña. Ano: 2021Nº de páxinas: 38ISBN: 9788499953663Ilustración: López Vázquez, Noemí Engadir á cesta
Física e Química Física 2º Bach. 978-84-9995-423-3 48,00 € O libro de texto de Física 2.º de Bacharelato que presentamos resulta da revisión e modificación de edicións anteriores para adaptalo ao Decreto156/2022, de 15 de setembro, que establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. O desenvolvemento teórico da materia acompáñase de Exercicios resoltos, que pretenden servir de guía e axuda... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O arrecife de coral 978-84-9995-359-5 15,35 € Tradución: María Reimóndez. Peixes de cores, diminutos cabaliños de mar, polbos arteiros... son estes todos animais que viven no arrecife de coral. As mornas augas tropicais garanten o alimento e as fendas dos arrecifes, un acubillo perfecto. Mergúllate no mar e explora os recunchos do arrecife de coral. Bota unha ollada nas físgoas e descubre onde se... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Don Carlos e o misterio dos lucecús 978-84-9995-367-0 12,10 € Na vila comezan a xurdir sucesos inexplicables e, por se fose pouco, na casa contáronlles que o seu profesor, o único que os podería axudar a buscar unha explicación a tanto misterio, padece unha enfermidade que lle fai esquecer as cousas. Xiana, Maca, Román, Sofía e Afonso convídante a desentrañar cada misterio coa axuda de don Carlos. Unhas pescudas... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca no camiño 978-84-9995-364-9 14,35 € A india Nube Branca atopouse cun crocodilo en cadeira de rodas que quería facer o Camiño de Santiago e non dubidou en axudalo a desprazarse. Así empeza esta aventura por vieiros cheos de diversidade, á que se unen a invidente toupiña Carmiña e o elefante Cacharrante. Xuntos vivirán incribles aventuras e descubrirán recunchos feiticeiros. Coñecerán... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nos furados das árbores 978-84-9995-349-6 19,85 € Tradución: María Reimóndez. Sabías que en cada pregadura dun carballo existe unha aldea enteira, mesmo unha vila? As larvas de escaravello abren cos dentes camiños na madeira por debaixo da cortiza, facendo unha sala para cando chegan as crías novas. O carballo ata ten unha médica que o trata con moito cariño, dando golpiños e auscultando para ver que... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Por tobos e tobeiras 978-84-9995-348-9 19,85 € Tradución: María Reimóndez. Sabías que o raposo é un desastre, mentres que o teixugo é moi limpo e ata ten o seu propio baño? E que estes son os dous veciños que a miúdo comparten un tobo? Paréceche difícil de crer? Ven con nós botar unha ollada ao interior das cámaras misteriosas que se atopan ao pé de tocos e árbores caídas. Abriremos camiños... Engadir á cesta